
sobre nós
Somos a compañía líder no sector óptico con maior cota de mercado en España. Contamos con 40 anos de experiencia e, actualmente, somos máis de 300 socios e colaboradores, contamos cunha rede de distribución con máis de 600 ópticas e máis de 2000 profesionais no territorio nacional. Dirixido baixo un modelo cooperativista, referente en termos de facturación, número de establecementos e profesionais asociados.
Ademais, somos a marca máis recoñecida polo consumidor e contamos con marca propia de lentes: MÓ, superando o millón de lentes vendidas ao ano. Ofrecemos unha atención integral ao consumidor, preservando a saúde visual coa maior garantía e profesionalidade e achegando a moda e últimas tendencias con máis de mil modelos para elixir para todas as idades e coa mellor calidade-prezo.
Ademais, como parte do noso compromiso coa saúde visual, a través de Fundación Multiópticas, axudamos persoas e comunidades máis vulnerables ofrecendolles atención en saúde visual e doando lentes a través de programas propios ou colaboracións con entidades de recoñecido prestixio no ámbito da solidariedade.