dúbidas frecuentes

dúbidas frecuentes_
  • Cada un dos materiais de que se compoñen as lentes teñen un índice de refracción asociado, que determina o grosor da mesma. As lentes estándar teñen un índice 1.50 e a partir de aí, canto maior sexa o índice máis reducida e delgada será a lente.

  • Pesan menos e por iso, son máis cómodas. Tamén teñen vantaxes estéticas xa que reducen o grosor do cristal que tanto molesta en graduacións altas.

  • Non, a adaptación ás lentes progresivas adoita ser rápida. Depende do deseño do progresivo que elixas. Se elixes un deseño personalizado, á medida da túa graduación, fisionomía e adaptado ás características da montura elixida… a adaptación será inmediata.

  • O mundo cada vez máis é dixital e a maioría de nós utilizamos aparellos dixitais desde de mañá ata última hora do día, tanto para traballar como de maneira ociosa. Por exemplo, ordenadores portátiles, tablets, teléfonos móbiles e televisores...

    Debido á curta distancia que mantemos con estes aparellos, estamos cada vez máis expostos á luz emitida polas pantallas. Ademais, os nosos ollos realizan un gran esforzo ao ter que alternar constantemente entre fotos e textos. As persoas adultas empregan entre 4 e 6 horas ao día no uso de aparellos dixitais, mentres que o 14% emprega entre 10 e 12 horas ao día. Polo tanto non deixa de sorprender que cada vez máis xente padeza molestias como:

    • Ollos vermellos e irritados
    • Ollos secos
    • Visión borrosa
    • Cansazo
    • Dor de lombo, colo e ombro
    • Dolores de cabeza

    A luz azul

    Todos os ordenadores e pantallas LCD e LED, os teléfonos móbiles, as tablets e os dispositivos GPS emiten luz azul, tamén coñecida como luz visible de alta enerxía. Coa mellora na calidade das pantallas, as súas emisións de luz azul increméntanse. Aínda que a luz azul en si mesma é un fenómeno natural (está presente na luz solar e axúdanos a manternos espertos), a sobreexposición pode causar efectos adversos como fatiga e estrés visual.

    As nosas lentes multilens BLUE neutralizan a luz azul nociva emitida polas pantallas dixitais, previndo a fatiga e o estrés visual. Mantén os ollos en mellores condicións mentres ofrece unha maior comodidade, relaxación visual e unha percepción máis natural da cor no uso diario de aparellos dixitais.