audiófonos

audiófonos_
Fabricados completamente á medida do teu oído, 100% personalizados e que poden cubrir perdas de leves a severas. Podes encontrar audiófonos de inserción profunda ou audiófonos invisibles por ir aloxados especialmente dentro do conduto auditivo.
  • ICC intrauricular

    Son os máis pequenos, completamente invisibles. Indicados para perdas leves.

  • CIC intrauricular

    Un pouco máis grande que os anteriores, permítennos cubrir perdas auditivas leves e moderadas.

  • ITC retroauricular

    Para perdas de leves a profundas, coa última tecnoloxía substitúen tamén ao ITE en potencia. Ideais para conectarse tanto á televisión como o teléfono.

  • ITE retroauricular

    Actualmente, en desuso polo seu tamaño.

  • MIC retroauricular

    O micrófono está situado fóra da carcasa. Indicados exclusivamente para medios con moito vento.

  • BTE retroauricular

    Cobren perdas auditivas de leve a profunda. A potencia é configurable polo audiólogo . Permite conectarse a dispositivos móbiles e a televisión e podes elixir a cor para que pase inadvertido. Poden ser de pila zinc aire ou recargables.

  • RIE retroauricular

    Son pequenos, discretos e de gran potencia Aptos para o 90% de perdas auditivas., de leves a severas. Permite conectarse a dispositivos móbiles e a televisión e podes elixir a cor para que pase inadvertido. Poden ser de pila zinc aire ou recargables.

En Multiópticas preocupámosnos tamén pola saúde dos teus oídos, por iso ofrecémosche un amplo catálogo de audiófonos para que poidas elixir o mellor para ti e as túas necesidades. Os nosos produtos de audiología son da nosa marca Microaudio, exclusiva para temas de audición. Entra e encontra o audiófono perfecto.

Dentro de todos os tipos de audiófonos que temos dispoñibles, podes encontrar audiófonos intrauriculares, retroaudiculares, de inserción profunda e audiófonos retro & intra, que permiten un son envolvente e contan con conexións a móbiles, equipos de música e televisión. Todos eles cumpren cos estándares de calidade previstos para ofrecerche o mellor servizo e axudarche coa túa audición.

Os audiófonos son como pequenos ordenadores capaces de adaptarse ás necesidades específicas de cada persoa, o tipo de perda auditiva que ten e incluso ao medio e os seus hábitos. Ao mesmo tempo poderás elixir entre unha gran variedade de cores e formas. Comeza xa a descubriros e elixe o mellor para ti.