NENOS
A saúde visual infantil é fundamental para o seu desenvolvemento e benestar xeral, xa que inflúe entre outras cousas, na aprendizaxe, o desenvolvemento cognitivo e as habilidades sociais.
visión en nenos
Unha boa visión é importante na idade infantil e vailles a influír en diferentes aspectos do seu desenvolvemento integral.
IMPORTANCIA DA SAÚDE VISUAL EN NENOS
ALTERACIÓNS VISUAIS EN NENOS
- Os nenos poden desenvolver diferentes problemas visuais e detectaros a unha idade temperá pode mellorar os resultados e previr complicacións no futuro. Os máis comúns son:
Miopía
Hipermetropía
Astigmatismo
Ambliopía
Estrabismo
Daltonismo
Como saber se o teu fillo ve ben?
Os nenos non adoitan ter a visión totalmente desenvolta ata os seis anos, pero poden presentar alteracións visuais antes. Estas son algunhas dos sinais que nos poden indicar que un neno non ve ben.
Revisión visual en nenos
As alteracións visuais poden ser difíciles de detectar para os pais, polo que é fundamental realizar revisións periódicas da vista en nenos para previr posibles complicacións no futuro e garantir o seu correcto desenvolvemento visual.