As nosas lentes

Dispomos de diferentes tipos de lentes e tratamentos que poden combinarse para obter os lentes máis axeitadas. As súas características pódense adaptar ao estilo de vida e necesidades visuais de cada persoa.

QUÉ É A LUZ AZUL?

O espectro visible é a parte da luz que os nosos ollos poden ver.Esa luz que vemos cada día (como a do Sol) está composta de varias cores que van desde a violeta ata o vermello e forman a luz visible.

Cada un destas cores ten unha "lonxitude de onda", que é como medir a súa enerxía.

O Sol é a principal fonte natural de luz azul, pero tamén emítena de maneira artificial as luces LED que incorporan as pantallas (ordenador, móbil, tablet…) facendo que recibamos unha emisión adicional en noso día a día. É importante saber que existen diferentes tons de luz azul.

Mó - Saúde Visual - Luz Azul 01
1

Luz azul-violeta
(entre 400 e 455 nm)


É a luz azul que ten máis enerxía e podería provocarnos efectos non desexados.

2

Luz azul-turquesa
(entre 455 e 495 nm)


É a parte da luz azul necesaria para o organismo, xa que axuda a regular os nosos ritmos biolóxicos. Estes son os que axustan os ciclos de sono-vixilia.

A preocupación pola exposición prolongada e excesiva á luz azul fai que sexan necesarios máis estudos a longo prazo cun número maior de poboación, xa que podería afectar ao rendemento visual, as células da retina e o sono.

QUE BENEFICIOS TEÑEN AS NOSAS LENTES BLUE STOP?

As nosas lentes con filtro de luz azul Blue Stop filtran o 20% da luz azul-violeta, protexendo os ollos e achegando maior confort visual.

Absorben o 20% da luz azul.

Manteñen os beneficios da luz azul “boa”.

Dan máis contraste á túa visión.

Achegan relaxación aos teus ollos.

QUEN PODE UTILIZAR OS LENTES CON FILTRO AZUL?

Poden utilizaras todas as persoas que, teñan ou non graduación, fagan un uso prolongado das pantallas:

Como lentes de protección sen graduación, dispoñibles en todos os estilos e cores.

Como tratamento incluído nos lentes graduados, para compensar ademais as necesidades visuais.

Mó - Saúde Visual - Blue Stop

SCREEN POLLUTION

En Multiópticas preocúpanos a túa saúde visual, polo que creamos o concepto Screen Pollution co obxectivo de sensibilizar sobre o uso excesivo das pantallas e fomentar un uso responsable.